Thursday, February 09, 2006

GALA SOPORÍFERA
Aguantei diante da tele dende as dez ata a unha, pero parece que pasou das catro horas de duración. Nada mal para unha gala, a dos "goya", que se nos anunciaba "rápida e áxil". Rápida xa se ve que non foi, pero áxil, menos. Os "animadores" encargados de axilizala, Concha Velasco e Antonio Resines, foron capaces de convertir cada intervención nun recordatorio das magníficas e ocurrentes presentacións da Sardá noutras edicións anteriores.
Claro que sería inxusto cargar nos dous en exclusiva a responsabilidade da desfeita. Eles, que parecían non ter ensaiado o máis mínimo, mostraron nula gracia da que se espera nun espectáculo deste tipo. Pero é que o guión, pretendendo facer un percorrido polos vinte anos de "goyas", non tiña pés nin cabeza e distraía ó espectador con referencias e aparcicións incoherentes, ademais de estar plagado de lugares comúns e alusións en clave interna, cousa dende logo, de pouco gosto nun acto público.
¿E que dicir dos numerosos e interminables momentos de silencio absoluto? O responsable do apartado ¿musical? parecía ser un "pinchadiscos" sacado dalgún festival escolar. Ó mesmo subía a destempo a música que a baixaba de golpe. ¿Costa tanto un pequeno grupo que interprete en directo fragmentos dalgunha das moitas e magníficas partituras que ten o cine?
En definitiva, fraco servicio ó cíne se era diso do que se trataba. O peor enemigo do cine non lle faría máis dano. E facer iso con diñeiro público é grave. O cine español e o seu público merécense, merecemos, algo mellor.

Benedicto García Villar
30 de xaneiro de 2006

OPINIÓN DA SEMÁN

ISTO HAI QUE PARALO


“A ver como acaba isto. Ten moi mala pinta”. Daquela eu escribía un diario e isto é o que recollía, hai casi 40 anos, na primeira xornada da que logo se chamaría “Guerra dos seis días”. Foi unha guerra relámpago e desigual coa que Israel pretendía usurpar territorios e augas dos viciños árabes. E así o fixo.

Tanto tempo despois, media vida dunha persoa de idade media, seguimos igual ou peor. Samir Amin argumenta estes días de conflicto descontrolado, que hai que comprender que as sociedades islámicas levan catro séculos de retraso na consecución dunha organización laica da vida colectiva. Habería que preguntar ós seus dirixentes se están realmente nese empeño.

Pero tamén convén lembrar que por estes pagos quitábase de en medio a quen estorbaba non hai tantos anos, coa simple “razón” da diferencia relixiosa ou que a Inquisición estivo presente e activa ata finais do XIX, ocupando en Santiago un pazo que levaría tal nome, no solar onde agora está o H. Compostela.

Xa é ben significativo que fora unha publicación de extrema dereita a que publicara no verán os debuxos de marras, e que fose un ayatolá fanático quen destapara a caixa dos tronos. E pode ser casual, pero nono parece, que todo isto coincida coa escalada na presión do xendarme maior, co mairande arsenal atómico do planeta, para impedir que un dos seus máis cordiais inimigos, Irán, inicie a súa carreira nuclear.

Benedicto García Villar
6 de febreiro de 2006